Este personaxe histórico o Caudillo-Bispo Maeloc, o protagonista máis transcendental da historia do territorio galego que se asenta a ambas vertentes da Serra de Meira, a onde viñeron aqueles celtas europeos dende as illas e dende outros lugares do continente.
Uns chegaron navegando augas cantábricas en veleiros de aventura, construídos en coiro e outros camiñando polas reais sendas da Asturias do século IV, que cinco séculos máis tarde serían tamén as rutas xacobeas, nas que quedaron marcadas as pegadas do santo Francisco, o de Asís.
Os primeiros foron os celtas romanos da Illa de Britannia e os segundos os celtas bretóns, cristiáns de Bretaña. Entre estes últimos chegou Maeloc, o Bispo-Caudillo. Ambos pobos celtas uníronse baixo o seu liderazgo para crear a Britonnia ou Bretoña de Galicia.
Cruzaron con ousadía o Eo e os montes de Trabada, buscando a vida no horizonte que comprende a Sierra da Cadeira e o Macizo de A Toxiza.
Construíron Igrexa e o seu Mosteiro Máxime en Meira, en Santa María que ainda hoxe se apelida de Bretoña.
Tiveron como Bispo principal da sua historia a Maeloc, ao que a lenda converteu tamén en Caudillo
. Un caudillo capaz de dirixir un pequeno exército para enfrontarse ao inimigo viquingo e profundo coñecedor dos segredos do Bosque Sagrado.
O seu nome e bretón e é posible que houbera nacido na rexión celta francesa, pero a sua importancia foi vital na Bretoña galega, onde se mitificou e converteu en heroe.
E aínda que no mundo celta os bispos eran meros líderes relixiosos, non parece este o caso de Maeloc, ao que os galaicos bretóns concederon o honor de ser tamén o seu caudillo militar e político.
No Concilio II de Braga destacouse a Maeloc como “britonorum ecclesiae episcopus”. Pero a pesar desta cita e aínda que o seu nome e bretón ninguén duda do seu asentamento nestas terras dos celtas galaicos e da sua participación nas batallas que entón se libraban contra o viquingo invasor.
Noutro documento eclesiástico datado no ano 589, que falaba da asistencia de todos os bispos galaicos ao III Concilio de Toledo, dise que “non participa o bispo de Bretoña”.
¿Tal vez houbera morto xa Maeloc? Por aquel entón, os godos xa habían conquistado unha boa parte do noso territorio…
Do Bispo Maeloc quédanos o mito ben contado por escritores e intelectuais da comarca de Meira, municipio que sitúa o seu bosque encantado nas proximidades da vila.
Maeloc ten outro paisaxe propio, o da gran fantasía que brilla nos ollos do camiñante: unha perspectiva de verde e auga, repousada, incitante e solitaria que comenza na serra e acaba ao lado mesmo do xeneroso lago onde se remansa o río, reflexo da flora da ribeira que fala de unha natureza en estado puro.
Nas terras de Maeloc abundan os paisaxes de auga. humedais e lagoas que prolongan a sua beleza más alá do curso dos ríos…
Ademais Maeloc serviulle do título a música de Milladoiro, o mellor folk galego. E hasta e posible que o seu espírito estea presente cando unha banda, grupo ou intérprete galego súbese ao escenario do gran festival da Bretagne.
E así rematamos outro ano mais de rutas de sendeirismo, esperemos seguir facendo moitas mais o vindeiro ano.
Powered by Wikiloc

No hay comentarios:
Publicar un comentario